Guardian Sun é un produto de tecnoloxía avanzada que garante unha alta transmisión de luz, un excelente aillamento térmico (Valor U =1.1 W/m2K), e unha efectiva protección contra a radiación solar (só transmite un 42% da enerxía solar).

Engadindo Guardian Sun nas súas fiestras poden obter un importante aforro de enerxía e contribuír á redución das emisións de C02 á atmosfera, protexendo así o medio ambiente. E todo iso sen perder a lixeireza e a transparencia do cristal tradicional.

Guardian Sun cumple co Plan de Acción para a Eficiencia Enerxética (PAEE +) dellDAE e, polo tanto, axústase aos requisitos do Plan de Renovación diferentes Comunidades Autónomas. Tamén contribúe á obtención da Certificación Enerxética dos Edificios e cumple cos termos en referencia ao aforro de enerxía no Código Técnico da Edificación (CTE) e no Plan de Estado de Vivenda e Rehabilitación.

O uso de Guardian Sun nas súas fiestras, permítelle disfrutar do sol cunha agradable sensación de benestar durante todo o ano, independentemente da temperatura. Un vidro que combina transparencia máxima, control solar e aillamento térmico para aforrar ata un 40% de aire acondicionado no verán e un 60% do quentamento no inverno.

> Control Solar Intelixente
> lAilamento térmico reforzado
> Máximo transparencia e luminosidade
> Aillamento acústico
> Seguridade

En combinación coa nosa gama Lamiglass ® Guardian.

Tanto de inverno como de verán, Guardian Sun permite que aproveite a luz cun importante aforro enerxético. Ademais, se o combina coa nosa gama Lamiglass Acoustic ®, obtrá un aillamento adicional do ruído exterior  na súa casa.

En todo tipo de cerramentos acristalados. Son os vidros de máximas prestacións (alta transmisión luminosa, un excelente aillamento térmico (Valor U =1.1 W/m2K), e unha eficaz protección contra a radiación solar (sólo se transmite un 42% da enerxía solar).